Friday 10 de May de 2024

Dezaseis nenos e nenas participan nun obradoiro gratuíto de filloas en Oroso


Un total de dezaseis nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos, participaron esta mañá nun obradoiro gratuíto de filloas organizado polo Concello de Oroso. Os pequenos, ataviados cuns sombreiros de chef que fixeron xusto antes, fixeron a masa das filloas e axudaron á monitora a cociñalas. Despois dunha hora de traballo, estes minichefs deron boa conta das filloas, ben soas ben acompañadas por azucre ou marmeladas.

Para este venres 20 de febreiro, ás 18:00 horas, está convocada unha nova edición do club de lectura “En busca do libro perdido”, cuxa temática xirará en torno ao Entroido. Dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos, a asistencia é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse antes na Biblioteca Municipal de Sigüeiro (981 690 903).